OS GAITEIROS DO CARBALLO DE SáRDOMA

Os “Gaiteiros do Carballo”, pertencentes á Asociación Veciñal do mesmo nome, en Sárdoma (Vigo), nacen nos anos 80 da man do Gaiteiro Rique O Salueiro, pasando logo á de Nazario González “Moxenas”, até que en 1994 este deixa no seu sitio a Xosé Oliveira, quen dirixe o grupo na actualidade, mantendo así a máxima de estar sempre baixo a dirección dun veciño desta parroquia.

A formación é a de quinteto tradicional (gaitas, tamboril, bombo, pandeireta) e o repertorio é o habitual destas formacións, facendo fincapé en pezas da bisbarra e tamén nas composicións de “Moxenas”.

Share by: